VILAGARCÍA> De todos eles, Jaime Ramos concentraba un protagonismo fundamental, xa que firmou fai unha semana o apoio á candidatura de Fole. O presidente da Autoridade Portuaria inaugurou a súa oficina electoral situada no número 4 da rúa Fariña Ferreño.
{flowplayer}images/salnes/PUERTAS_POR_CONGRESO.flv{/flowplayer}
Javier Puertas volve dar un golpe de efecto na primeira semana de campaña no Partido Popular. O candidato á presidencia dos populares presentou a súa propia oficina electoral, un baixo situado xunto á praza de España, no número 4 da rúa Fariña Ferreño. O presidente da Autoridade Portuaria a definiu como a casa de todos os afiliados, militantes e cidadáns sen diferencia de ideas políticas.
Durante o acto de apertura presentáronse en sociedade as incorporacións máis recentes ó seu grupo. Con elas, o seu equipo nútrese xa de 7 dos 25 membros do comité executivo do PP de Vilagarcía, que encabeza Tomás Fole. Trátase Ramos, vicesecretario e secretario de Acción Sectorial e Participación Cidadá; Juan Carlos Maneiro secretario de política local; Jesús Pérez Arca, secretario de Formación, Juan Fariña, vocal por Novas Xeracións e os vocais José Carlos García, Jose Antonio Piñeiro e Emilio Vázquez.
De todos eles, Ramos concentraba un protagonismo fundamental, xa que firmou fai unha semana o apoio á candidatura de Fole.
Puertas afirmou que a sensación que lle está a transmitir os vilagarciáns é dun proxecto acertado que marca o camiño axeitado para a localidade e os populares.
Redacción Salnés