MORAÑA> O subliñou o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no acto celebrado con motivo da posta en servizo da mellora da estrada PO-221.
{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ESTRADA_CUNTIS_PORRANS.flv{/flowplayer}
O novo tramo da PO-221 entre Caldas e Moraña xa está en servizo e a disposición dos veciños. A súa recuperación supuxo o ensanche e acondicionamento de máis de 2500 metros de estrada, a construción dunha nova variante de poboación, ademais de melloras no abastecemento e saneamento, sinalización e recuperación da paisaxe. Trátase dunha obra na que a Xunta investiu 7’3 millóns de euros.
Foi, segundo o Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, a política económico realista, responsable e austera da Xunta a que permitiu seguir inaugurando obras coma este tramo da PO-221.
Neste senso, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, destacou na súa intervención que o goberno autonómico ten en marcha actuacións nas estradas galegas que superan os 562 millóns de euros. Na provincia de Pontevedra, neste 2012 abrirán 12 novas infraestruturas o que suporá un investimento de 127 millóns de euros.
Ademais da apertura de novas infraestruturas, Feijoo subliñou que a seguridade viaria é un dos eixos reitores da planificación en materia de estradas da Xunta. Un criterio que, sen dúbida, se pon de manifesto nesta estrada.
Durante a súa intervención, o presidente autonómico falou doutros compromisos que a Xunta ten coa comarca. En primeiro termo, referiuse ó Plan Umia. Un Plan, dixo, que supón un investimento de 21 millón que permitirá sanear a ribeira do río.
Así mesmo, garantiu o compromiso da Xunta co Plan Sectorial de solo empresarial de Galicia no que está previsto un plan industrial no concello de Caldas. Neste senso, referiuse tamén á planta de Clesa. Adiantou que existe un proxecto solvente para o que comprometeron 4’5 millóns de euros.
No acto tamén estaban presentes os alcaldes dos concellos limítrofes, o Presidente da Deputación de Pontevedra, o Delegado da Xunta en Pontevedra, deputados provinciais e nacionais.
Redacción Salnés