Pérez Arca:’Puertas é o único que pode dar estabilidade ó PP’

    perez_arca_copia100.jpgVILAGARCÍA> Dende o equipo de Javier Puertas aseguran que se atopan nun momento importante no que hai que poñer enriba da mesa os proxectos que melloren o partido. Jesús Pérez Arca afirma que o PP necesita estabilidade na súa estrutura.

    {flowplayer}images/salnes/PEREZ_ARCA.flv{/flowplayer}

    Jesús Pérez Arca sinala que o Partido Popular debe ir máis aló do traballo de Tomás Fole nestes últimos anos. Asegura que hai cousas que mellorar, como unha actividade continuada no tempo. Puntualiza que ata o de agora parecía que o partido só se movía cando había unha data marcada no calendario. Deste xeito, o edil popular afirma que é necesaria unha estrutura de traballo estable e que o único que a pode levar a cabo é Javier Puertas.

    Pérez Arca explica que a candidatura de Javier Puertas busca unha maior presenza das novas xeracións dentro do Partido Popular e das súas estruturas. Do mesmo modo, sinala a importancia da xente maior para aportar experiencia e que deben ter un apartado especial dentro do PP.

     Dende o equipo de Puertas recordan que o partido é aberto a todos os cidadáns e agradecen as opinións e apoios que os vilagarciáns lles transmiten.

    En canto ó congreso do próximo 12 de xuño, Pérez Arca sinalou que espera unha celebración ilusionante e que, en calquera caso, o que vai gañar ese día é o Partido Popular.

    O edil popular definiu esta campaña como unha adestramento ata as eleccións municipais do 2011 coa vista posta na alcaldía.

    Redacción Salnés