Conclúen en Vilagarcía os actos do Día da Discriminación Racial

    VILAGARCIA> Un xornada despois da Celebración do Día Mundial da Eliminación da Discriminación Racial, a Cruz Vermella rematou esta tarde ca xeira de…

    {flowplayer}images/salnes/actividades_discriminacion.flv{/flowplayer}

    … actos reivindicativos con este motivo: o de transmitir a idea de que todos son iguais, da mesma raza, a raza humana, independentemente de onde teñamos nacido ou onde residamos.

    O acto que puxo o punto e final foi a realización conxunta de xogos entre nenos de Vilagarcía e emigrantes. Sobre o chan da praza entenderon que todos somos iguais e que non debe haber diferencias en función da cor da pel ou dos acentos.

    Un gran mapa do mundo no que se disolvían as fronteiras foi a forma plástica e facer chegar esta gran idea a nenos e maiores. Esta actividade desta tarde foi a última con este motivo pero non a única; posto que na comarca do Salnés xa se desenvolveron moitos eventos como foron un intercambio gastronómico de repostería fácil, charlas coloquio ou unha gymcana.

    Redacción Salnés