Treixadura e Faltriqueira actúan o sábado no Auditorio

treixadura_ptac100.jpgVILAGARCÍA> O programa Xacobeo raíces, mailo Concello e Caixanova traen este sábado ó Auditorio Municipal a Treixadura e Faltriqueira.

{flowplayer}images/salnes/concerto_treixadura.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> O programa Xacobeo raíces, mailo Concello e Caixanova traen este sábado ó Auditorio Municipal a dúas das formacións de máis sona e recoñecemento no eido da música tradicional galega. Falamos de Treixadura e Faltriqueira, que actuarán a partir das nove da noite. As entradas xa están á venda e custan cinco euros.

Faltriqueira leva percorridos numerosos escenarios dentro e fóra de Galicia, fusionando polifonías con percusións e instrumentos acústicos. A polifonía das rapazas de Faltriqueira devólvelle, dalgún xeito, a xuventude ás pandereteiras das vilas.

Pola súa banda, Treixadura, une a melodía da gaita e o canto galego masculino. Leva xa vendidas máis de 7 mil copias do seu último disco, Unha semaniña enteira, e agora traballan no vindeiro, Esta si que é muiñada.

Amais deste concerto, o Auditorio de Vilagarcía acolle este mes outras actuación, como a de Dani Mateo. Será este domingo, ás 9 da noite, con entrada a 15 euros. Tamén o domingo, ás 6 e media da tarde será o quinto Festival de Canto, música e danza tradicional.

O luns 17 entregaranse os premios Xaquina Trigo, na Peixería e pola noite haberá un concerto da banda de música de Vilagarcía no Auditorio. Xa o sábado 29 a actriz Mabel Rivera interpretará no Auditorio Master Class. María Callas. A entrada custará cinco euros.

Redacción Salnés