Paco y Lola inaugura vendima e novas instalacións

MEAÑO> A adega de Meaño Paco e Lola celebrou este xoves unha doble inauguración, por un lado comezou a vendima e por outro estreou unha nova de recepción e almacenamento da uva, que tivo un investimento de algo máis de 300.000 euros.
Xornada importante a vivida este xoves en Paco y Lola. A adega cambadesa estreou durante este primeiro día de vendima, unha nova equipación, unha nave de almacenamento e recepción da uva na que se investiron uns 300.000 euros.
Manuel Chantada, foi o primeiro socio da cooperativa en chegar ata a instalación meañesa para descargar a súa uva. Un madrugón que tivo o seu premio, e é que tivo o honor de inaugurar as novas instalacións co vicepresidente da Xunta de Galicia. Rueda sinalou que dende a Xunta sempre se apoiará as adegas porque, segundo afirmou, o viño na comunidade é sinónimo de calidade.
Dende a cooperativa meañesa sinalan que esperan recoller entre dous millóns trescentos e dous millóns catrocentos mil kilos. Unha cifra sensiblemente menor ca do ano anterior. Os traballos de vendima estenderanse en Paco y Lola ata o vindeiro 30 de este mes.