![]()
VILAGARCÍA> Máis de cincuenta marcas de Rías Baixas e outras tantas de conservas participarán na I Feira Gastronómica da Conserva e do Albariño.
{flowplayer}images/salnes/FEIRA_CONSERVA_ALBARINO.flv{/flowplayer}
Desde o xoves día 20 ata o domingo 23, o parque de Miguel Hernández transformará a súa imaxe para acoller a primeira Festa Gastronómica da Conserva e do Albariño. No paseo central situaranse as casetas nas que se poderán escoller entre máis de 50 marcas de Rías Baixas e outras tantas de produtos en conservas para degustar logo nas mesas que se habiliten enfronte.
A Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía promove esta feira en colaboración co concello, a Deputación de Pontevedra, o Porto de Vilagarcía e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Búscase ofrecer unha alternativa de lecer máis durante eses días de festa, ademais de proxectar unha imaxe de calidade do sector hostaleiro vilagarciá. Por iso se porá especial atención nos detalles.
De xeito paralelo á feira impartiranse charlas técnicas sobre viticultura, realizaranse catas ou mesmo demostracións culinarias combinando os Rías Baixas cos productos conserveiros
Redacción Salnés







