![]()
VILAGARCÍA> O Presidente da Autoridade Portuaria di que a caída no 22% no tráfico de mercadorías no primeiro trimestre compénsase ‘cunha xestión económica eficaz’.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_PORTO.flv{/flowplayer}
De ‘satisfactoria’ cualifica o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía a conta de resultados desta entidade a 31 de marzo do 2010. Nos primeiros tres meses do ano, o tráfico portuario da cidade caeu un 22 por cento fronte ó mesmo período do 2009. Isto supón en importe neto de cifra de negocios, unha perda inferior ós 40.000 euros. Segundo Javier Puertas, a pesar da reducción na actividade de Finsa e as perdas que está a ocasionar a desaparición do fluxo de contedores, o Porto está conseguindo equilibrar as contas cunha ‘xestión económica eficaz’.
O resultado global do que vai de exercicio ascende a 144.000 euros, 23.000 máis que no anos pasado. Unha conta positiva que se explica grazas, sobre todo, á baixada dos tipos de interese. Tamén se fai unha lectura positiva dos resultados de explotación: reducíronse en 23.000 euros con respecto ó ano pasado, deixando a cifra, a 31 de marzo, en 206.000 euros. Con estes datos á vista, a Autoridade Portuaria asegura que tan só nos tres primeiros meses do ano conseguiron recadar o 55 por cento do que tiñan previsto para todo o exercicio. P
or tráficos, os graneis líquidos caeron algo menos do 7 por cento mentres que os sólidos se inrementaron nun 25 por cento, en especial o cemento e os cereais. A mercadoría xeral sufriu a desaparición dos contedores, cunha caída de máis da metade con respecto ó ano pasado, aínda que desde o Porto aseguran que se está a compensar coa boa evolución do tráfico de madeiras, taboleiros e aluminio.
Redacción Salnés









