A ILLA> O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras de saneamento que Medio Rural está acometendo na Illa.
{flowplayer}images/salnes/touris_na_illa.flv{/flowplayer}
A ILLA> O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou as obras de saneamento que Medio Rural está acometendo na Illa. Concretamente, o Delegado estivo nos lugares de Rubas e Gradín. Amais, están facendo melloras viarias nos lugares de Pedrouzos e Laxe do Pan.
60.000 € é o orzamento global que Medio Rural inviste na mellora das infraestruturas de saneamento dos lugares de Rubas e Gradín, mais a mellora das estradas de Pedrouzos e Laxe do Pan. As obras son cambios demandados polos veciños e aínda que son actuacións pequenas, teñen moita importancia por tratarse de melloras para o seu servizo. José Manuel Vázquez, Alcalde da Illa de Arousa agradeceu que Medio Rural teña escoitado esta demanda.
Cores Tourís anunciou outra visita nos vindeiros días, esta vez, acompañando ao Conselleiro de Medio Ambiente que visitará as obras do vial de Xufre. Aínda non hai data exacta, pero o Delegado pensa que neste mesmo mes.
Afectados por estas obras, hai dous propietarios cos que a Xunta aínda non chegou a acordos no que respecta ao pago da expropiación e ao derrube das súas vivendas. Seguen en negociación e antes de recorrer aos xulgados, Tourís agarda chegar a acordos logo dos diversos encontros con estes propietarios. Lembra que, esa é outra alternativa que poden tomar estes veciños, de non chegar a unha solución, pois a Xunta tamén ten un límite segundo asegurou o Delegado Territorial.
Redacción Salnés