Rueda detalla no Grove as vantaxes do Carné +65 da Xunta

O GROVE> Descontos en case un milleiro de establecementos comerciais de toda Galicia e un acceso máis doado a servizos culturais, de ocio ou turísticos. Son algunhas das vantaxes do Carné +65 da Xunta. A Atlántida, no Grove, foi o escenario elixido polo goberno galego para a posta de longo desta prestacións, da que xa se poden beneficiar máis de 600.000 persoas en toda Galicia.

Descontos do ata o 20% en establecementos comerciais, hoteis ou casas rurais; e dun 30 en saúde e coidados, como ópticas, e nas aulas de maiores. Son algúnhas das vantaxas que presenta o Carné +65 da Xunta. Un dos establecementos adheridos é A Atlántida, no Grove. Precisamente, no xardín deste complexo turístico tivo lugar a posta de longo desta prestación, que xa se pode empregar en case un milleiro de establecementos de toda Galicia.

A partir de agora todos establecementos do Carné +65 lucirán este distintivo no seu escaparate, para que os maiores poidan aproveitar neles eses descontos. Unha boa oportunidade, indicou o presidente, para o sector turístico, cun pulo á desestacionalización grazas aos maiores de 65 anos máis activos.

Á presentación deste servizo acudiron xubilados, interesados nas súas vantaxes. Poñen en valor os descontos dos que gozan.

Este carné, 100% gratuíto, chega directamente á casa ao facer 65 anos.