Vilagarcía homenaxeará a Xela Arias con actos destacados como o concerto de Loli Crespo

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta os actos para celebrar o día das letras galegas. A concellería de cultura organizará diferentes actuacións como concertos, exposicións ou coloquios para homenaxear a Xela Arias. O acto princial terá lugar o propio día 17 co concerto da soprano de Carril, Loli Crespo.

O concello de Vilagarcía realizará varios actos para homenaxear a escritora Xela Arias polo día das letras galegas. Dende a concellería de cultura destacaron todos os ámbitos no que destacou a autora, que se dedicou á tradución, á docencia e á poesía, súa faceta máis recoñecida. As actuación comezarán o vindeiro venres cunha charla no auditorio na que se repasará a vida da escritora da man da súa amiga Clara Pino.

O día 17 celebraranse os actos principais en Carril. Comezarán pola mañá cos pasacalles, a exposición de Ramón Bascuas e a ofrenda floral no busto de Rosalía. O acto central terá lugar na praza da liberdade co concerto da soprano Loli Crespo.

O mércores 19 terá lugar no cine club Adega a representación da película Lúa Vermella de Lois Patiño. E do día 24 ao 29 presentarase unha exposición sobre a vida de Xela Áreas diante da biblioteca municipal.

O único acto que necesita reserva previa é a representación cinematográfica no cine club adega. No resto de eventos non é necesario pero dende o concello piden a público que asista con tempo xa que o protocolo covid obriga a facer un rexistro dos asistentes. Todas as entradas son gratuítas ata cumprir o límite de ocupación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí