CAMBADOS> O concello de Cambados traballará contra reloxo para poder desenvolver o proxecto da nova praza de abastos. O plan especial remitido por Portos de Galicia chegou esta semana a tan só 6 meses de caducar o estudo de avaliación ambiental. Dende o bipartito solicitaron unha moratoria a medio ambiente para evitar que o proxecto teña que reiniciarse.
O tempo corre na contra do proxecto da nova praza de abastos de Cambados. O concello necesita ter o plan especial aprobado polas diferentes administracións antes de setembro, mes no que vece o estudo de avaliación ambiental. O bipartito veses nesta situación tras meses agardando polo plan especial que Portos de Galicia remitiu esta semana.
Para evitar que se lles esgote o prazo, o concello de Cambados solicitará unha moratoria a medio ambiente.
A aprobación do plan especial é vital para o futuro da nova praza de abastos de Cambados, pero tamén para outros proxectos do concello na zona portuaria.
De non estar aprobado este ano, o proxecto tamén podería perder a súa financiación. Unha cantidade que ascende aos 3 millóns de euros tralo acordo acadado coa Xunta de Galicia e o Ministerio de Fomento.