O PP de Boiro teme novas subas de taxas e impostos

BOIRO> A aprobación no último pleno da suba da taxa de cemiterios, nun 137% a de enterramentos e e en máis dun 200% a de exhumacións, e  o anuncio de revisar á alza o resto de impostos municipais, sérvelle ó Partido Popular para cargar contra ó equipo de goberno polo que consideran unha nefasta xestión económica, como evidencian tamén os informes elaborados pola propia interventora.

Para o PP esta suba de impostos vén derivada dunha xestión irresponsable por parte do executivo local, aludindo a unha política do despilfarro, que ignora as necesidades reais dos veciños, máis preocupado por manter os seus salarios, segundo os populares os mais altos na historia do Concello.