A campaña marisqueira de Noia bate récords de facturación ás portas do Nadal

NOIA> A campaña marisqueira de Noia preséntase como unha das melloras dos últimos anos. Polo momento, a facturación xa supera ó total do exercicio anterior. Todo iso, a pesar do peche pola toxina que se prolongou case un mes e á espera de contabilizar os beneficios que deixará a campaña de Nadal. Once millóns de euros. Esta é a cifra que leva facturado a confraría de Noia no que vai de campaña a pesar de permanecer preto dun mes parados pola toxina. A facturación supera xa a do total do pasado exercicio polo que prevese unha campaña histórica. Nestas próximas semanas, agárdase unha suba da cotización no berberecho, pero especialmente na ameixa polo incremento da súa demanda durante o Nadal. Pasada a campaña de Nadal, as concesións pecharán ata finais de xaneiro para dar descanso ó recurso. Os mariscadores volverán ó traballo en febreiro e marzo e mesmo pode que en abril. O cabildo estudará a posibilidade de alongar a campaña para compensar o peche pola toxina. Sen embargo, aínda é cedo para tomar decisións polo que haberá que agardar a ver como evolucionan as capturas e os prezos nos próximos meses.