Galicia representará á España ante a UE en materia de Pesca

    GALICIA> Galicia volverá representar ás comunidades españolas ante a Unión Europea en materia de Pesca. Así o acordou o Consello Consultivo de Política Pesqueira despois de que Castela León, a quen lle correspondía a representación neste semestre, cedera o seu posto a Galicia. O peso da comunidade galega en materia de pesca no conxunto de España foi o principal motivo polo que Castela León cedeu a Galicia a representación ante a Unión Europea durante o próximo semestre. Así o acordo o Consello Consultivo de Política Pesqueira para asuntos comunitarios celebrado esta semana en Madrid, ó que asistiu a Conselleira do Mar, Rosa Quintana. Para a administración autonómica é de vital importancia seguir tendo voz en Europa, especialmente no complicado contexto internacional que abre o Brexit que podería ter importantes consecuencias para o sector pesqueiro. Do mesmo xeito, Galicia participará activamente no reparto das cotas pesqueiras para o próximo ano co fin de conseguir un beneficioso reparto dos TAC.