O BNG da Pobra demanda un obradoiro de emprego xuvenil

    POBRA> O BNG da Pobra demanda a solicitude dun obradoiro de emprego xuvenil enfocado ó sector do mar para o municipio. Esta moción, que se debaterá no pleno deste xoves, supón un paso máis nas políticas de promoción do emprego para a mocidade que está a desenvolver a formación nacionalista. O BNG da Pobra levará a pleno unha moción instando ó goberno municipal a acollerse á convocatoria dos obradoiros de emprego xuvenil no sector do mar que vén de sacar a Xunta de Galicia. Entenden os nacionalistas que o fomento de políticas de emprego xuvenil é a mellor vía para acabar coa emigración de mozos que está a dificultar a recuperación demográfica.