O torneo de Santa Rita reunirá a 200 xadrecistas

xadrez250_120510.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá foi presentado na Sala de Xuntas do Concello de Vilagarcía o torneo de xadrez de Santa Rita. Máis de 200 xogadores daranse cita no Auditorio Municipal para participar nesta competición que será a segunda proba puntuable para o Circuito Galego Escolar.

{flowplayer}images/salnes/xadrez_110510.flv{/flowplayer} 

Comezou xa a temporada de xadrez escolar. Fíxoo a semana pasada na Guarda, e este sábado ten a súa segunda parada en Vilagarcía. De feito este ano a capital arousá acollerá tres dos dezaoito torneos dos que consta o Circuito Galego Escolar. Serán,ademais do de Santa Rita este sábado, o 18 de setembro co Memorial Adolfo Pedrido, e o 23 outubro, co Open Mcdonalds. Ribadumia, Rianxo, Vilanova, Sanxenxo e Poio tamén serán sedes desta competición que pasa por ser unha das máis importantes a nivel nacional.

Neste torneo de Santa Rita, que cumple o seu oitavo aniversario, participarán máis de 200 xogadores en cinco categorías: promesas, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes. Os xogadores locais, do Club Xadrez Fontecarmoa, parten con opcións de victoria, aínda que o nivel dos participantes será moi alto. 

A competición será en formato de semirrápidas, partidas a 20 minutos e en seis roldas. Dará comezo ás 11:00 e rematará en torno ás 19:00 para dar paso posteriormente á entrega de premios. Paralelamente disputarase un torneo absoluto para o que xa hai inscritos medio centenar de xogadores.

Redacción Salnés