Arousa Norte volverá a organizar o Circuíto de Carreiras Populares

BARBANZA> Coa iniciativa a entidade pretende fomentar a práctica da actividade física e deportiva. O Miradoiro da Pedra de Rá, en Ribeira, acolleu o acto no que se reuniron representantes dos 4 concellos particantes. O alcalde e a concelleira de Deportes da Pobra, o concelleiro de Deportes de Boiro, o alcalde de Rianxo e o de Ribeira. O actual presidente da Mancomunidade, Manuel Ruíz, suliñou a relevancia das catro carreiras, non só no eido deportivo, senón tamén no de promoción turística. O circuito de carreiras de Arousa Norte pon en valor o patrimonio natural e cultural da zona, e vincula á comarca cunha identidade de hábitos de vida saudables e coa natureza. Os interesados en participar saiban que poden apuntar de xeito indiviual a unha das competicións, por un custe de 6 euros; e ás catro conxuntamente por 20. A inscrición pode facerse na páxina web da Mancomunidade e na de EMESPORTS, ata o vindeiro o 25 de agosto.