A Asociación Añoranza recibe 2.500 € da Deputación

    convenio_anoranza_100_flecha_copia.jpgRIBADUMIA> O Vice- presidente da Deputación de Pontevedra, José Juan Durán ven de asinar un convenio de axuda á Asociación Cultural Añoranza de Ribadumia.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_anoranza.flv{/flowplayer}Cos 2.500 € do convenio, Añoranza adquirirá instrumentos e un equipo de son.

    A Asociación Cultural Añoranza, de Ribadumia está de parabéns hoxe, pois asinou esta mañá un convenio ca Deputación provincial grazas ao que poderán adquirir material instrumental e un equipo de son, imprescindibles para levar a cabo a súa actividade. Amais, entrou no circuíto de bandas da Deputación, un programa no que mais de mil bandas de música ou danza galegas, reciben subvencións da Entidade provincial, para actuacións en festas e festexos de diversas localidades. Durán dixo estar seguro de que ao longo deste ano, a Asociación Cultural Añoranza, xa poderá ofrecer actuacións subvencionadas pola Institución provincial en moitas zonas da provincia.

    Concello de Ribadumia e Deputación traballan a prol da cultura musical e a danza galegas. Onte mesmo, facían entrega de varios cheques de axudas a algunhas bandas e agrupacións.

    A contía do convenio asinado a favor da Asociación Añoranza esta mañá é de 2.500 €.

    Redacción Salnés.