![]()
VILAGARCÍA> De ter que devolver os fondos de Luz Salgada, Vilagarcía non poderá garantir os servizos básicos da cidadanía.
{flowplayer}images/salnes/LuzSalgada250113.flv{/flowplayer}
De ter que devolver os fondos de Luz Salgada, Vilagarcía non poderá garantir os servizos básicos da cidadanía. Así de contundente se amosou esta mañá Tomás Fole. A última baza que lle queda ó Concello é conseguir que a competencia para resolver o conflito pase do Ministerio de Industria á Xunta de Galicia, e solicitarlle a esta un cambio de partida para os seis millóns de euros de Luz Salgada.
Seis millóns de euros recibiu Vilagarcía dos fondos Fomit para acometer o proxecto de Luz Salgada. Proxecto que, valga a redundancia, nunca viu a luz e que está a piques de converterse no peor pesadelo de Ravella. Son seis millóns do préstamo máis outros tres de intereses, en total nove millóns que terían que ser devoltos polas arcas municipais. Nestes momentos continúan no banco uns catro millóns e medio, outros tantos tería que conseguir o consistorio.
Tomás Fole asegura que o concello fará todo o posible por evitar que se chegue a este punto. E a tarefa antóllase complicada. Polo de agora hai dúas cousas claras, o Ministerio non acepta nin unha prórroga nin un cambio de partida, é dicir non se poden dedicar eses cartos a outros proxectos. A única vía aberta é a de conseguir que se declare ó Ministerio incompetente para reclamar os cartos e que sexa a Xunta a que se faga cargo.
E nesta liña continúan as xestións do Concello para evitar este varapau económico. O obxectivo é demostrar que a competencia é da Xunta de Galicia para poder solicitarlle a esa o cambio de partida que o Ministerio denegou, evitando así ter que devolver os cartos.
Nestes momentos, Ravella conta cun informe favorable da asesoría xurídica da Xunta, que xa foi trasladado á Secretaría de Estado para o Turismo e que será remitido agora a Avogacía para ser avaliado.
Redacción Salnés








