O Decubal Meaño acada o seu pase á final de Copa

SALNÉS> A incomparecencia do Viveiro no partido de volta clasifica directamente ós de Pedro Pérez, que gañaran na ida por 20-25. O seu rival será a SAR de Redondela, que eliminou ó Conxo de Santiago.

No balonmán, o Decubal Meaño clasificouse para a final de Copa despois de que o seu rival, o Viveiro, non comparecera en Coirón este sábado para disputar o partido de volta.

Os de Pedro Pérez partían con cinco goles de vantaxe do encontro de ida e eran os grandes favoritos para acadar o pase á final.

Os directivos do Viveiro puxéronse en contacto o venres pola noite cos seus homólogos no Decubal para comunicarlle que o seu equipo non viaxaría ata terras meañesas por non dispoñer do mínimo de xogadores para disputar o partido.

Deste xeito o Decubal accede á final onde se vai enfrontar á Sar de Redondela, que contra todo pronóstico eliminou ó Conxo na outra semifinal. Os santiagueses partían con sete goles de desvantaxe da ida e quedáronse ás portas de remontar logo de vencer por cinco tantos, 33-28.

Redacción Salnés