O Portonovo busca certificar o ascenso en Cambados

portonovo_cambados250.jpgSALNÉS> O Portonovo está a un paso de volver a Terceira División. O domingo xoga no Campo de Burgáns en Cambados e os de José María Rial necesitan sumar unha vitoria para non depender doutros resultados. Os arlequinados non queren esperar á última xornada, que será en Baltar, ante o Caselas para certificar o ascenso, polo que irán a por todas no derbi deste domingo.

O cambados xa logrou o obxectivo da permanencia na categoría pero inda así irá a pola vitoria para estar totalmente a salvo. En Burgáns causará baixa Felipe Castaño, polo Cambados, e por parte do Portonovo só Ero ten molestias, o resto están ó cen por cento para pechar ó grande a tempada. Os de Rial animan á afección a acompañalos en Cambados para poder celebrar con eles no caso de ascender. O derbi de Burgáns comeza ás cinco da tarde.

O Portonovo non quere depender de terceiros, pero o Arousa podería botarlle unha man o domingo. Os vilagarciáns xogan ante o Estradense na Baiuca. No caso de gañar daríanlle o ascenso matemático ó Portonovo, que vai catro puntos por diante do Estradense, a falta de dúas xornadas. O partido do Estradense – Arosa comezará ás seis da tarde.

Nesta penúltima xornada tamén xogan fóra os outros dous equipos de Preferente do Salnés. O Ribadumia xoga o domingo ás cinco no campo do Marín, mentres que o Xuventú Sanxenxo xoga co Covadonga ás seis da tarde.

Redacción Salnés