Dúas mozas resultan feridas nun accidente en Rubiáns

    accidente_rubians100.jpgVILAGARCÍA> Dúas mozas resultaron feridas esta mañá, unha delas grave, nun accidente de tráfico na N640, á altura de Rubiáns.

    {flowplayer}images/salnes/accidente_rubians.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Temos que falar dun accidente de circulación. Ocorreu esta mañá na N640, en Rubiáns, Vilagarcía, á altura do Hotel Restaurante Ciprés. Tres vehículos implicados e dúas mozas feridas, que foron trasladadas ao Hospital do Salnés. A menos grave, tivo que agardar unha hora sen ser excarcerada, ata que chegou a ambulancia.

    Un C5 matrícula 7816 FCY que maniobrou á altura do Ciprés para cambiar o sentido da circulación, tocou ao Renault Clío PO 5734 AP que circulaba en dirección a Vilagarcía. Como consecuencia do alcance, o Clío chocou cun Lacceti que circulaba en sentido contrario.

    O condutor do Citroen C5 atopábase ben e a Garda Civil estívolle a tomar declaración na furgoneta de Atestados, no lugar do accidente. O estado da estrada non influíu na gravidade do sinistro. A condutora do Lacceti, F.M.L. de 36 anos, estivo agardando unha hora, dentro do seu vehículo ata que chegou unha ambulancia, segundo fontes da Garda Civil, requirida por un deles, xa que nun principio, levaba camiño de Pontevedra.

    A máis grave, a condutora do Renault Clío, M.J.L.E. unha muller de 26 anos natural de Portas, tivo que ser excarcerada do seu vehículo. Logo de ser examinadas no Hospital do Salnés, as dúas feridas foron trasladadas ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra, que é o que asume os casos de accidentes de circulación.

    Redacción Salnés