Fole non descarta tender a man a Puertas despois do 12 de xuño

    fole_pleno_aberto_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tomás Fole asegurou no programa Pleno Aberto que nesa data o partido sairá reforzado sexa cal sexa o proxecto. O actual presidente do PP vilagarcián mostrouse moi satisfeito co traballo realizado estes sete anos.

    {flowplayer}images/salnes/FOLE_PLENO_ABERTO.flv{/flowplayer}

    A menos dun mes para o congreso local do PP de Vilagarcía, Tomás Fole fai un balance moi positivo dos sete anos que ó fronte do Partido. Séntese moi satisfeito pola evolución dos resultados electorais na capital do Salnés, conseguindo aumentar o número de concelleiros en Ravella. Do mesmo xeito, asegura que creceu o apoio dos afiliados e simpatizantes ó seu proxecto.

    En canto á celebración do Congreso, o actual presidente popular afirma que el non o convocou por retar a outras candidaturas, senón porque os estatutos do partido recollían que no 2009 debían producirse eleccións internas. Explica que por motivos de axenda e coa celebración doutros congresos, a dirección provincial escolleu o 2010 como o momento clave para poñerse a disposición dos afiliados.

     O candidato á presidencia popular vilagarciá afirmou que non é certo que o seu equipo non teña o apoio dos simpatizantes e afiliados, e engade que o que asegure iso non coñece o seu traballo.

    Fole contestou a eses rumores que falan de ruptura no seo dos populares, asegurando que o partido está moi cohesionado e que o 12 de xuño o PP vai saír reforzado.

    Asegura que non se sente vítima desas informacións que falan de apoios do PP provincial a Javier Puertas.

    Tomás Fole afirma que presenta un proxecto dirixido a conseguir a alcaldía no 2011 e engade que se gaña o congreso, tenderá a man a Puertas para loitar por un obxectivo común.

    En canto a IVIL, Fole non descarta a súa inclusión na estrutura do novo PP que sairá o 12 de xuño.

    Redacción Salnés