A ocupación hoteleira cae case tres puntos nesta Semana Santa

    fotobalancesantocopia.jpgSANXENXO>turismo rural favoreceu tamén esa caída na ocupación. Na provincia de Pontevedra chegou case ós doce puntos menos que o ano pasado. 

    {flowplayer}images/salnes/BalanceOcupacionSemanaSanta2012.flv{/flowplayer}

    A inestabilidade meteorolóxica volveu a xogarlle unha mala pasada ó sector hostaleiro nesta Semana Santa. As chuvias e mesmo o frío fixo que o turismo de sol e praia que caracteriza as Rías Baixas vira reducidas as súas expectativas.

    Malia o sol e a calor que nos acompañara durante as semanas anteriores, cos festivos chegou a chuvia e o frío, e con eles os hostaleiros viron reducidas esas reservas de última hora que poderían ter arranxado a campaña.

    Unha semana santa complicada cunha ocupación total na provincia de Pontevedra que caeu case 12 puntos con respecto ás mesmas datas do ano pasado. En Sanxenxo, malia a todo a caída foi menor. O 66 por cento de ocupación que se rexistrou no 2011 quedou este ano nun 64’38. Un baixón de algo menos de dous puntos.

    A escaseza de grupos organizados, foi precisamente unha das maiores faltas que notaron os establecementos hoteleiros en Sanxenxo. E a isto uniuse ademais un incremento do turismo rural, con prezos máis asequibles que os hoteis. Este turismo, mesmo viu incrementada a súa ocupación, do 38 por cento no 2011 a case un 54 e medio por cento este ano. Os últimos coletazos tamén das estacións de esquí vista a volta do frío, tamén lle dificultaron as cousas ós destinos de costa.

      En canto ó perfil do visitante, o das rías baixas continúa sendo un turismo familiar procedente maioritariamente de Madrid, Asturias ou o Pais Vasco. Cunha estancia media de dous e un gasto inferior a 50 euros.

    En definitiva, a pesares de non facer un balance positivo, dende o sector resaltan que o turismo continúa sendo unha área que resiste.

    Redacción Salnés