O Portonovo comeza a preparar o seu regreso a Terceira

portonovo250_190510.jpgSANXENXO> Falamos co presidente do Portonovo SD, Fernando Fraga, para facer balance da exitosa temporada do club que dirixe que rematará o domingo en Baltar co partido ante o Caselas.

{flowplayer}images/salnes/PresiPortonovo_190510.flv{/flowplayer} 

Queda por disputar o derradeiro partido de liga, pero o Portonovo xa é campión de grupo e novo equipo de Terceira. O do domingo ante o Caselas será un encontro para o disfrute da afección. Un ascenso desexado e pelexado, que no seo do club aínda non acaban de crer. 

Para Fernando Fraga os verdadeiros artífices deste éxito foron os xogadores, sobre todo aqueles que tralo descenso, decidiron quedarse en Baltar para poder devolver ó equipo ó lugar onde se merece. Entre os destacados, a excelente temporada de Fiti e sobre todo a do uruguayo Nacho, motor do equipo, líder e goleador.

Os acertos da directiva foron moitos: comezando polo banquiño, porque José María Rial dirixíu o barco de xeito incuestionable, e finalizando pola contratación do dianteiro Aarón hai dous meses, que veu a suplir a Diego Cebreiro, aposta que saíu redonda.

Con todo feito e despois de dous días de desfrute, toca poñerse a traballar no ano que ven. A directiva reúnese hoxe para comezar a trazar as liñas polas que se moverá o club durante o vindeiro curso. Intúense cambios no céspede e tamén na tribuna. 

Así as cousas, o concello de Sanxenxo volve a recuperar dous representantes na Terceira División. En breve comezará a batalla deportiva entre Portonovo e Vilalonga: atar o mellor orzamento posible e ós xogadores máis interesantes do mercado.

Redacción Salnés