Constituída a Mesa Local contra a Violencia de Xénero

    CAMBADOS> Coordinarse para mellorar na loita contra a violencia de xénero. Este é o obxectivo da mesa local contra esta problemática que se celebrou hoxe por primeira vez en Cambados. A iniciativa foi posta en marcha polo CIM da Mancomunidade, e nela están representados todas as administracións e axentes que xogan un papel nesta tarefa.

     

    Cambados, Meis e Ribadumia constituíron esta mañá a Mesa Local contra a violencia de xénero. Un novo órgano chamado a mellorar a coordinación nesta loita.

    A mesa convocarase cada seis meses, e nela están representados todos os axentes que xogan algún papel na loita contra a violencia de xénero e na protección das súas vítimas.

    Actualmente, o CIM comarcal non manexa datos sobre o número de mulleres maltratadas que presentaron denuncia do seu caso. Pero si que sinalaron que a gran maioría non chegan a dar este paso De aí a importancia de ofrecer unha boa asistencia ás vítimas.

    Esta mesa local contra a violencia de xénero terá en xaneiro a súa primeira reunión, cun obxectivo en mente: rematar con esta lacra en Meis, Cambados e Ribadumia en particular, e en toda a sociedade en xeral.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/constitucion_mesa_cim_comarcal_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/21/constitucion_mesa_cim_comarcal.mp4{/flowplayer}