VILAGARCÍA> A veciñanza do Salnés gastará unha media de máis de 350 euros durante as festas de Nadal. Dese orzamento, case a metade irán destinados a agasallos. As tradicións van cambiando e as familias prefiren cada vez máis agasallar o día de Nadal.
Con decembro chega unha das épocas máis emotivas do ano. O Nadal soen ser unhas datas especiais, na maioría dos fogares, e de moita ilusión entre os máis cativos. Pero tamén é unha época de moito gasto para facer fronte a tódolos agasallos destes días tan marcados. A previsión é que cada salnesán desembolsará unha media de 350 euros.
O que vai cambiando é a tradición de gastar máis en agasallos polo de día de reis. A veciñanza cada vez decántase máis polo día de Nadal.
As posibilidade non quedar sen agasallos e atopalos a bo prezo diminúe a medida que se achegan as datas importantes. Por iso é importante facer as compras con tempo, pero son moitos os que o deixan para última hora.
As enquisas e os diferentes estudos sitúan o gasto total dos salnesáns este Nadal por riba dos 40 millóns de euros. A pesar do importante gasto, tódolos enquisados aseguraron que gozan as festas do Nadal.