A Xunta prevé iniciar o vindeiro ano a reforma da PO531

    po531_touris100.jpgPONTEVEDRA> A Xunta presentará o vindeiro mes ós veciños o novo proxecto de reforma e mellora da PO-531, entre Curro e Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/po531_touris.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Xunta presentará o vindeiro mes ós veciños o novo proxecto de reforma e mellora da PO-531, entre Curro e Pontevedra.

    Esta mesma mañá os representantes da plataforma de afectados puideron coñecer o borrador definitivo nunha reunión que mantiveron en Pontevedra co delegado territorial. Remátase así cunha reforma coa que xa se levaba seis anos a voltas.

    Logo de dous anos de protestas da plataforma co bipartito da Xunta, o novo goberno autonómico retocou o proxecto en colaboración cos veciños. Na reunión desta mañá mesmo se retocaron catro ou cinco detalles para incorporar ó borrador. Unha delas o derribo dunha nova vivenda, coa que a propietaria está de acordo, e que permitirá facer beirarrúas máis amplas en Curro. Así, en total, haberá que tirar cinco casas.

    Finalmente, a estrada terá un tratamento urbano e semiurbano. Contará cunha mediana de seguridade dun metro para que os veciños poidan cruzar e parar na metade da estrada, levará pasos de peóns en zonas de moita edificación, un carril de dobre vía en case todo o traxecto e beirarrúas amplas.

    O delegado territorial insistiu no interese da Xunta por acometer esta reforma e indicou que as obras se iniciarán o vindeiro ano e que se executarán ó mesmo tempo que os nós de Curro. A Xunta presentará o proxecto en Curro o día 10 e en Campañó o día 11, ás oito e media da tarde.

    Redacción Salnés