Santos Oujo recibe a Medalla de Ouro de Ribeira

RIBEIRA> Santos Oujo recibía este sábado a Medalla de Ouro do concello de Ribeira. O ex conselleiro recolleu o distintivo nun emotivo acto celebrado no salón de plenos do concello que contou coa asistencia de numerosos veciños.

Tres anos despois da aprobación en pleno da concesión da Medalla de Ribeira a Santos Oujos, por fin tiña lugar o acto de entrega deste distintivo que pretende recoñecer a traxectoria política e cultural deste ilustre ribeirense. Trala presentación dos seus numerosos logros a cargo do ex alcalde José Antonio Ventoso Mariño, Santos Oujo recollía o galardón de mans do actual rexedor.

Precisamente, o homenaxeado quixo agradecer á corporación a decisión unánime outorgarlle a medalla de ouro de Ribeira, a súa vila natal e na que forxou o seu carácter.

A nota musical deste emotivo acto correu a cargo do alumno do conservatorio, Miguel Martínez, que interpretou tres pezas ó piano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí