Os cruceiros cíttanse no XIV Trofeo Rodríguez Toubes

toubes250_210510.jpgSALNÉS> Baixo a organización do Real Club de Regatas Galicia e a Escola Naval Militar, esta fin de semana celébrase a XIV Regata Almirante Rodríguez-Toubes. A proba desenvolverase mañá e o domingo entre os peiraos de Vilagarcía e Marín.

Catorce edicións van xa da Regata Almirante Rodríguez Toubes que cada primavera reúne en Vilagarcía e Marín ós adeptos da vela de cruceiro.

A saída da primeira etapa terá lugar mañá sábado ás 11:30 dende augas arousáns. O Porto de Vilagarcía será o punto de partida dunha manga que terá como destino Marín. A segunda etapa quedará para o domingo, será a de volta. Dende a Escola Naval Militar de Marín ata Vilagarcía, con saída tamén ás 11:30 e coa chegada estimada dos barcos en torno ás 17:00. Os regatistas serán recibidos nos xardíns da Autoridade Portuaria. Posteriormente, ás 19:30 celebrarase a entrega de trofeos no salón do Real Club de Regatas Galicia.

O bo tempo que se pronostica para a fin de semana animará a máis de un a anotarse a última hora.

A competición conta co patrocinio de Extrugasa, da Autoridade Portuaria de Vilagarcía e así como coa colaboración de Marina Vilagarcía. A organización agarda unha gran participación de cruceiros, a maioría das Rías Baixas.

Redacción Salnés