Fole alerta dos intentos da candidatura de Puertas de duplicar avais

    valoracion_fole_copia100.jpgVILAGARCÍA> Tomás Fole está moi satisfeito de como está a transcorrer a campaña para presidir o PP de Vilagarcía. Asegura que está moi nervioso polo Congreso xa que supón moita responsabilidade.

    {flowplayer}images/salnes/BALANCE_FOLE.flv{/flowplayer}

    O presidente popular en funcións definiu a campaña que está a realizar como moi positiva. Fole sinala que observa nos afiliados moitas gañas de participar e un interese importante polo congreso local. Asegura que lle transmiten un apoio á continuidade do seu traballo e unha confianza de cara á facerse con Ravella.

    Tomás Fole explica que o seu traballo e ó do seu equipo, está asentado en 5 piares básicos: campaña directa, transparente, positiva, sin descalificacións e austera.

    Manifesta que é directa porque busca o contacto con todos os afiliados a través de reunións e unha continua interacción. Pilar, ó que se suma as bases de transparencia e positivismo.

    Fole alertou sobre o xogo do voto duplicado para os dous candidatos. Asegurou que é unha falta de respecto de cara ós afiliados, xa que anula a súa capacidade de decisión. Engadiu que a xente ten moitas dúbidas xa que se está a vender que é para o PP e non para os candidatos á presidencia.

    O candidato á reelección fixo un chamamento sobre a austeridade, sinalando que a economía non está para ir realizando festas e invitando a pinchos. Afirmou que prefire facer un traballo máis preto das persoas e escoitando os seus problemas.

    Fole fixo un chamamento multitudinario á participación e manifestou a súa esperanza de corrente de cambio que comezou na Xunta e que espera se repita na alcaldía vilagarciá.

    Redacción Salnés