Tensión no pleno do centro comercial de Vilanova

    pleno_centro_comercial100.jpgVILANOVA> O pleno de Vilanova deu o visto bo, esta mañá, á aprobación inicial do proxecto do Centro Comercial de San Miguel de Deiro.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_CENTRO_COMERCIAL.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O pleno de Vilanova deu o visto bo, esta mañá, á aprobación inicial do proxecto do Centro Comercial de San Miguel de Deiro. Foron os votos do Partido Popular, con maioría absoluta, ós que permitiron que o plan siga adiante.

    Nun pleno marcado pola tensión, Gonzalo Durán conseguiu sacar a diante a aprobación inicial do proxecto, que se exporá ó público durante dous meses. O alcalde xa manifestou dende o principio a súa intención de tramitar de urxencia tódolos temas que teñan que ver coa creación de emprego e solicitou o apoio das demais forzas políticas. Durán explicou que o convenio obriga a Alcampo a contratar de forma preferente a xente de Vilanova. O rexedor afirmou que trátase de 500 postos de traballo fixos, de calidade, estables e relacionados cunha empresa internacional.

    Dende a oposición, manifestáronse dúbidas en canto ós traballos que se poden destruír. O BNG sinalou que é necesario levar a cabo un estudo no que se recolla o impacto negativo que pode ter o Centro Comercial nos empregos xa creados.

    Pola súa parte, o PSOE solicitou ó alcalde vilanovés que o novo convenio con Desarrollos Vilanova, recolla o compromiso das empresa de que os postos que se destrúan no comercio local se reintegren no Centro Comercial. Os socialistas afirmaron que houbo ameazas ós veciños para vender o terreo.

    Ó pleno asistiron decenas de vilanoveses que están de acordo coa área comercial, que interromperon en numerosas ocasións ós portavoces para manifestar a súa opinión. En canto ós puntos do pleno, o PP foi o único en votar a favor da modificación puntual do proxecto, no convenio urbanístico os populares contaron co apoio dos socialistas, e houbo unanimidade na alegación de que a destrución de emprego se traspase ó centro comercial.

    Redacción Salnés