O vertido de 50 toneladas de conchas de mexillón en Ribadumia podería provocar unha importante sanción

    RIBADUMIA> Indignación en Vilariño polo mal olor provinte dunha propiedade, en Covas de Lobos, na que hai uns días se verteron unhas 50 toneladas de cuncha de mexillón. O terreo que forma parte da parcelaria, e pertence a Ribadumia, está sendo investigado polo Seprona. 

     

    Unhas 50 toneladas de cunchas de mexillón foron vertidas neste terreo de Covas dos Lobos, provocando un olor “nauseabundo”, segundo algúns veciños de Vilariño. O terreo que orma parte da parcelaria, pertence a Ribadumia, e dende o concello este xoves admitían que os que están a levar a cabo a investigación son os membros do Seprona. 

    O edil de Medio Ambiente de Ribadumia admite que dende o concello descoñecen a intencionalidade coa que se depositaron esas cunchas no terreo, debido a gran cantidade que deixaron. 

    Este xoves as cámaras de Canal Rías Baixas desprazáronse ata o terreo para comprobar se aínda seguían alí, pero parece que as enterraron para solucionar o problema do olor, que estaba a causar malestar entre a veciñanza da zona. Por outra banda, sinalar que o Seprona xa dou parte a Xunta da situación, por unha infracción administrativa en materia de sanidade e medio ambiente. Polo que a administración autonómica iniciará un expediente que podería desembocar nunha importante sanción. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/vertido_mexillon_vilarino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/06/vertido_mexillon_vilarino.mp4{/flowplayer}

     

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí