Investigan a morte dunha muller tras dar a luz no Hospital do Salnés

    tanatorio100.jpgVILAGARCÍA> Sanidade investiga a morte dunha muller que faleceu días despois de dar a luz e ser dada de alta no Hospital do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/saavedra.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Pesar en Vilagarcía pola morte de María Saavedra Martínez, filla do presidente do Liceo Casino, Alfonso Saavedra. A muller, de 29 anos, perdeu onte a vida tras dar a luz no Hospital do Salnés e complicarse o post parto xa na súa vivenda.

    Segundo indican desde a consellería de Sanidade, á paciente aplicáronselle os protocolos habituais de atención obstétrica. O pasado sábado tivo un parto natural e déuselle a posterior alta, tras comprobar que non había ningunha anomalía. As complicacións viñeron despois na casa, polo que María Saavedra foi derivada ó Hospital Montecelo de Pontevedra, onde permaneceu na UCI ata que faleceu onte.

    As autoridades sanitarias non se explican que puido pasar e están a investigar as posibles causas fisiolóxicas e clínicas da súa morte e insisten en que nada facía sospeitar o fatal desenlace. A xerencia do Hospital do Salnés manifesta a súa disposición para atender calquera dúbida que teñan os familiares da paciente tanto do periodo de xestación como do mesmo parto.

    O centro lamenta o ocorrido e sobre todo manifesta a súa sorpresa, tendo en conta que en 2009 pechou o ano co maior número de partos atendidos satisfactoriamente, un total de 719. A familia apenas asimila o ocorrido e está disposta a presentar denuncia contra o hospital.

    O pai da falecida, Alfonso Saavedra, mesmo ten pensado abandonar o cargo de presidente do Liceo Casino, ó que se vén de incorporar tralas eleccións celebradas a finais de febreiro. Os restos mortais de María Saavedra foron velados no Tanatorio de Vilagarcía e sobre as oito foron trasladados á igrexa de Santa Eulalia.

    Redacción Salnés