A Compostela loce chea de lixo tralas festas

    lixo_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Os bañistas e paseantes da praia de A Concha – Compostela tiveron que soportar os contratempos que lles supuxeron os quilos de lixo

    {flowplayer}images/salnes/lixo_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> Os bañistas e paseantes da praia de A Concha – Compostela, tiveron que soportar os contratempos que lles supuxeron os quilos de lixo que sementaban o areal.

    Este mediodía, a praia aínda estaba sen limpar. Tempo estival e festas de Santa Rita en Vilagarcía, combinación perfecta para que veciños e visitantes puideran pasar un fin de semana diferente e con tódolos ingredientes para gozalo. Sen embargo, os vilagarciáns que decidiron ir á praia no seu tempo de lecer, tivérono que facer rodeados de lixo.

    Os restos do botellón do venres xuntáronse cos do sábado, e así, durante toda a fin de semana, a praia de A Concha – Compostela encheuse de porquería. Preto do mediodía do luns, os quilos de lixo acumulados, aínda formaban parte da paisaxe, unha mágoa tendo en conta os miles de visitantes que recibiu Vilagarcía de Arousa esta fin de semana de festas de Santa Rita. Veciños e visitantes, queixáronse do estado do areal.

    Canal Rías Baixas tentou poñerse en contacto ca Concellaría de Limpeza, para coñecer as causas que impediron realizar unha limpeza na praia nos últimos días…pero foi imposible. Os operarios da empresa de limpeza, que traballaban esta mañá na praia, facían a labor diaria sen máis, ou sexa, recoller as bolsas das papeleiras instaladas ao longo do areal. Iso si, hoxe, ían sobordando e case non collían no auto. De seguir así, o Servizo Municipal de Limpeza precisará ferramentas de máis envergadura que as habituais.

    Redacción Salnés