![]()
O GROVE> A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, alega que os construtores tiñan licenza para apartotel pero edificaron vivendas individuais.
{flowplayer}images/salnes/CHALES_RAEIROS.flv{/flowplayer}
Segundo o informe recibido o luns no concello grovense, a Axencia de Protección da Legalidade, toma esta resolución polo incumprimento do uso para o que se deu licenza e por realizar unha segregación no chan rústico.O alcalde de O Grove mostrouse moi satisfeito coa decisión, xa que demostra que en Raeiros existían irregularidades. Agora está á espera do que dite a Xunta para a demolición.
O Bloque Nacionalista tamén congratulouse coa decisión xa que, sinalan, levaban varios anos denunciando o incumprimento da licenza. Carlos Besada acusou directamente a Miguel Pérez como responsable directo ó non anular a obra por estar caducada.
Pola súa parte, Pérez afirmou que se a Xunta ordena a demolición, será porque existían faios. Sen embargo, contestou ó alcalde e o tenente do alcalde, ó cualificar as súas acusacións como puerís xa que queren tapar as súas actuacións. O popular recordoulle á Cacabelos e a Álvarez Besada que non está imputado por este caso.
O organismo fixou un prazo de 3 meses para executar a resolución, que a promotora vai recorrer.
Redacción Salnés







