A Festa do Mexillón triplicou asistencia e vendas con máis de 30.000 racións vendidas

    VILANOVA> A Festa do Mexillón de Vilanova arrasou na súa primeira edición sendo de Interese Turístico Autonómico. Segundo a organización, este ano triplicaron tanto as cifras de asistencia como as de consumo. Non en van despacháronse máis de 30 mil racións. Para atender a demanda precisáronse case 500 kg de mexillón e 400 de berberecho. Onte despedían a exitosa edición coa tradicional imposición das insignias de ouro e brillantes.

     

    Coa lectura do pregón e a imposición das insignias de ouro e brillantes, os vilanoveses despediron ata o vindeiro ano a súa Festa do Mexillón. O encargado da lectura foi o xornalista Carlos Portas, por levar o nome da vila sempre con el.

    Para facerse merecedor da lectura do pregón, Carlos Portas alardeou tamén do pasado mariñeiro da súa familia. Neto e fillo de bateeiros, destacou o papel das persoas que traballan por este sector.

    Ademais do xornalista, Vilanova tamén distinguiu a Adega Gran Vinum na figura do seu responsable, Enrique Piñeiro, e ao mexilloneiro retirado Francisco Bermúdez, un dos primeiros do municipio en dedicarse á explotación do mexillón.

    Con estes recoñecementos, a vila puxo o broche de ouro á súa vixésimo primeira edición, a primeira co título de interese turístico autonómico e unha das máis exitosas da súa historia. A organización asegura que conseguiron triplicar a asistencia e o consumo, con máis de 30 mil racións vendidas. Non en van repartíronse case 500 quilos de mexillón e 400 de berberecho.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/festa_mexillon_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/10/festa_mexillon_vilanova.mp4{/flowplayer}