Álvarez Campana anuncia melloras no porto para o tránsito europeo

    campana_sanxenxo_copia100.jpgSANXENXO> O Presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións portuarias de Sanxenxo. Álvarez Campana sinalou que se van levar a cabo melloras no porto que satisfagan as demandas de tráfico de tránsitos de Europa.

    {flowplayer}images/salnes/PORTO_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Álvarez Campana, acompañado da alcaldesa, Catalina González, realizou unha visita ás instalacións portuarias da localidade, para facerse unha idea global de como está a funcionar Nauta. O presidente de Portos de Galicia mostrou a súa satisfacción pola xestión que está a levar a cabo a empresa municipal.

    Jose Manuel Álvarez Campana afirmou que Sanxenxo ten un porto de referencia, non só galega e nacional, senón tamén a nivel internacional. A alcaldesa, pola súa parte, asegurou que coa axuda de portos de Galicia realizaranse melloras importantes para consolidar a súa proxección.

    O presidente de Portos de Galicia anunciou unha serie de melloras no porto, especialmente destinadas a satisfacer as demandas do tráfico de tránsito do norte. Por unha parte, vaise mellorar o abrigo a través duns pantaláns flotantes. Por outro lado, realizarase un dragado de zonas interiores.

    Álvarez Campana afirmou que os informes e o proxecto se van realizar o antes posible, e que nun par de meses se poderán coñecer datas e custos. Por outra banda, manifestou que vaise poñer todo o esforzo posible para aumentar o número de prazas.

    Redacción Salnés