O GROVE> Espectacular accidente no Grove onte á tarde. Unha furgoneta sáese da vía no Vao e acaba, envorcada, na beira do mar. Por sorte, no momento do sinistro a marea estaba baixa e os dous ocupantes conseguiron saír do vehículo polos seus propios medios.
Vendo estas imaxes, quen diría que os dous ocupantes desta furgoneta saíron ilesos. O vehículo circulaba polo Vao, na entrada do Grove, cando á altura da rotonda central da Lanzada, saíuse da vía.
Rematou envorcando á beira do mar. Por sorte no momento do sinistro, a marea estaba baixa, o que facilitou que os dous ocupantes puidesen abando-la furgoneta sen grandes complicacións.
Foron axudados a abando-lo vehículo accidentado por varios condutores que circulaban pola zona.
Con todo, ata o punto desprazáronse varias dotacións de emerxencias, coa intervención do Servizo Municipal de Emerxencias do Grove e de Sanxenxo, a Policía Local e a Garda Civil.
Tamén foron mobilizados efectivos sanitarios do 061 que puideron comproba-lo bo estado no que se atopaban os ocupantes do vehículo. Trátase dunha parella de vilanoveses, duns 50 anos de idade.