Vilanova:’A decisión da Cámara de Comercio é un grave erro’

    feca_copia100.jpgVILAGARCÍA> Así definiu o Presidente da FECA a exclusión do colectivo da Cámara de Comercio. José Luís Vilanova afirmou que non recibiu ningún tipo de explicación por parte de Carlos Oubiña.

    {flowplayer}images/salnes/FECA.flv{/flowplayer}

    O presidente da FECA está indignado pola decisión tomada polo máximo representante da Cámara de Comercio vilagarciá de excluírlle para integral o pleno cameral como represalia á súa elección. José Luís Vilanova sostén que é unha grave equivocación e unha falta de sensibilidade co colectivo máis importante da demarcación. Denunciou que ningún dos centos de empresarios se merece estar excluído da Cámara.

    Dende a FECA aseguran que non recibiron ningún tipo de explicación nin tiveron contacto con ninguén da Cámara de Comercio.

    Por outro lado, José Luís Vilanova presentou algúns dos proxectos que ten preparados para a súa lexislatura. Entre eles, destacan a inclusión dunha asignatura nos ciclos formativos sobre o fomento da cultura emprendedora, unha universidade de verán e unha entrega de premios ós emprendedores e á carreira empresarial.

    Pero Vilanova tamén aposta por seguir a liña de asesoramento, preocupación polo mundo mercantil e participación nas institucións.

    O presidente da FECA asegura que non vai escatimar en esforzos para que os proxectos saian adiante para que a comarca continúe desenvolvéndose.

    Redacción Salnés