José Manuel Vidal novo alcalde de Pontecesures

    PONTECESURES> Como xa lles adiantabamos na cabeceira deste telexornal… o Partido Popular recolleu o bastón de mando en Pontecesures, nun acordo a tres bandas entre Independentes por Pontecesures, Terra Galega e o PP. O voceiro socialista, Roque Araújo recordou ao recen estreado alcalde as súas manifestacións anteriores aos medios, nas que admitía non crer na viabilidade dos tripartito.

     

    Nervios a flor de pel, reproches e aplausos… esas foron as situacións que marcaron unha xornada amarga para uns… e doce para outros…

    O salón de plenos do concello de Pontecesures enchíase de veciños e medios esta mañá para asistir a moción de censura na que a nacionalista Cecilia Tarela víase obrigada a ceder o bastón de mando ao novo rexedor da vila, o popular Juan Manuel Vidal.

    Os concelleiros de Terra Galega, Jorge Janeiro e Ángel Manuel Corgo romperon o pacto de goberno formado por BNG, PSOE e Tega. O primeiro non se presentou a moción e o segundo dou o seu voto a favor do novo goberno. Ademais será o único membro do novo goberno que percibirá unha dedicación total e ostentará a concellería de Obras e Infraestruturas, un feito criticado pola alcaldesa saínte.

    Mantendo unha disputa cruzada o concelleiro de Tega acusou ao voceiro Roque Araújo de querer adiantarse a moción de censura actual, buscando apoios para resultar nomeado alcalde. 

    Cecilia Tarela afirmou durante a sesión que a xestión municipal deste ano queda cuberta…

    A esta moción asistiron o ex alcalde Boimorto tamén do BNG, e primeiro alcalde de España en someterse a unha moción de censura nesta lexislatura, acompañado do secretario de Organización do BNG, Víctor Lobeira. A moción de censura estivo negociándose durante os últimos tres meses

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/pleno_censura_pontecesures_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/09/pleno_censura_pontecesures.mp4{/flowplayer}