O Concello e Vilanova Centro reiteran o seu apoio ó Centro Comercial

    vilanova_concello_copia100.jpgVILANOVA> Agora abren un calendario de traballo e propostas para a aldea comercial. O obxectivo é xerar sinerxias entre o centro comercial e os negocios locais.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_COMERCIO.flv{/flowplayer}

    O alcalde, Gonzalo Durán, e o concelleiro de Comercio, Javier Tourís, reuníronse onte co colectivo de comerciantes Vilanova Centro, encabezado polo seu presidente, Ramón Cardalda. Como tema central estaba a implantación do centro comercial para o que, tanto o Concello como Vilanova Centro, reiteraron unha vez máis o seu firme apoio.

    Os asistentes amosaron o seu interese polo desenvolvemento do centro e polas distintas acción que se poden impulsar para que o comercio de Vilanova poida obter a maior rendibilidade posible. Os socios de Vilanova Centro, deixaron constancia tamén do seu apoio firme a Ramón Cardalda e á directiva. Amosaron especial interese pola parcela de 1.700 metros cadrados, de titularidade municipal, que se propón para o uso comercial e na que se plantexa a instalación dunha aldea comercial como a da Toxa.

    O alcalde reiterou o compromiso do Goberno Local para o comercio e transmitiu todo o seu apoio ó sector en Vilanova. O rexedor insistiu en que o plan de traballo do Concello vaise centrar en dous aspectos: a creación de emprego e o crecemento do comercio local. Deste xeito sinalou os 500 postos de traballo que se van crear e o comprometeuse a fortalecer o pequeno comercio.

    A pretensión do Concello e de Vilanova Centro é que os negocios locais e o centro comercial teñan unha relación de retroalimentación, que se xere unha comunicación entre ambos espazos procurando que o fluxo de compradores revista tamén no comercio local.

    A semana que ven Vilanova Centro ten previsto manter unha nova reunión con Desarrollos Vilanova na que se vai propoñer á empresa que sexa flexible coa aportación de ideas. Do mesmo xeito, recordan que os comercios que queiran ser socios terán de prazo ata o mes de agosto.

    Redacción Salnés