O párroco Manuel Couceiro colle as rendas da FGCN

    novo_pte_fgcn100.jpg VILAGARCÍA> Manuel Couceiro, o cura párroco da Xunqueira, é o novo presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

    {flowplayer}images/salnes/fundacion_narcotrafico_190412.flv{/flowplayer}

    Colle o relevo de José Manuel Siso, que deixa o cargo despois de cinco anos presidindo o colectivo. Couceiro, que foi un dos fundadores da Plataforma, asume esta nova tarefa como un reto para conseguir unha Galicia máis saudable e habitable.

    Precisamente a prevención e os hábitos saudables é, para Manuel Couceiro, un dos principais obxectivos que impulsará desde a presidencia da Fundación. Indicou que a vindeira campaña de Panos Brancos se desenvolverá en Riveira e que en Cambados impulsarán unha exposición saudable.

    A Fundación tamén continuará demandando a creación dunha oficina de xestión de activos incautados a narcotraficantes e sobre iso falará a finais de maio ou principios de xuño co novo director do Plan Nacional sobre Drogas. O colectivo segue reclamando xulgados especializados e tamén que se regulen as intervencións por telecomunicacións ós narcotraficantes.

    O presidente saínte, José Manuel Siso, explicou que non se despide da Fundación, senon que continuará colaborando como patrono. A nova directiva da Fundación queda con Manuel Couceiro de presidente, con Lorenzo Santos e Enrique León como vicepresidentes, Xosé Castro como tesoureiro e Fernando Alonso como secretario.

    Redacción Salnés