Caldas implica aos seus centros educativos e comerciantes na campaña contra a violencia machista

CALDAS> Caldas vístese de negro contra as violencias machistas. A localidade lanzou un programa de actividades para visibiliza-lo seu rexeitamento a esta lacra. Nos actos involúcranse tamén os comerciantes da Praza de Abastos, o centro comercial aberto e boa parte dos establecementos da vila, decorando de negro os seus escaparates.

Todo a punto en Caldas para o arranque dos actos do 25N. O concello programou diferentes iniciativas que contan coa implicación dos centros educativos do municipio. Na campaña deste ano tamén colaboran os comerciantes da Praza de Abastos, o centro comercial aberto, os hostaleiros e 90 establecementos. Todos eles súmanse á unha campaña na que evidencian o seu rexeitamento á violencia de xénero tinguindo os seus locais de negro.

O alcalde salienta a implicación de toda a vila na loita contra a violencia machista.

Entre as actividades programadas, obras de teatro e a Andaina Solidaria. Esta iniciativa, programada para o día 24, xa ten cuberto o cupo de participantes.

O acto institucional do 25 de novembro será nesta ocasión, e se o tempo acompaña, no Paseo Román López, se o tempo non o permite mudarase ao auditorio.

No acto, por certo, presentarase unha canción e videoclip elaborado polo colexio San Clemente, que cederon ó concello para a súa difusión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí