O CRDORB aumenta un 1 % as súas exportacións no 2009

    vinos_100.jpgO SALNÉS> As 72 adegas adscritas a Rías Baixas que participaron o ano pasado nos plans de exportacións conseguiron vender no exterior 3 millóns 57…

    {flowplayer}images/salnes/EXPORTACIONS_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    … mil litros de viño. Esta cifra supón un incremento do un por cento con respecto ó exercicio do 2008. Desde o Consello Regulador amósanse satisfeitos por estes resultados, xa que aínda que o incremento non foi moi destacado, si conseguiron manter a tendencia alcista das exportacións fronte ó resto dos viños españois con DO. Por mercados, Estados Unidos segue a liderar as importacións. Neste país pecháronse case o 54 por cento das vendas totais no exterior, un 3,4 por cento máis que no exercicio do 2008.

    Este dato confirma a consolidación dun mercado tradicional para Rías Baixas como é o norteamericano, ó igual que ocorre con México, Alemaña, Países Baixos e Suíza. Só nun dos importadores máis estables de Rías Baixas reduciu a demanda. Trátase de Reino Unido, onde as vendas caeron un seis por cento. Pero o crecemento das exportacións en volume non se veu acompañado pola suba en valor.

    Neste último exercicio, os Rías Baixas deprezáronse un cinco por cento, deixando un saldo próximo a 16 millóns de euros de recadación. Unha caída en valor que ten á crise económica como principal responsable. Nestes intres, as 76 adegas de Rías Baixas que participan en plans de exportación destinan ó comercio exterior o 22 por cento do total da produción da DO. Pero o Consello Regulador márcase como reto seguir reforzando a presenza destes viños de calidade nos mercados xa conquistados e chegar a outros novos, ata acadar un volume de exportacións próximo ó 30 por cento do total da produción desta Denominación.

    Redacción Salnés