CAMBADOS> A pesar destas adquisicións, dende a oposición, o Partido Popular critica ao goberno local pola súa falta de iniciativa. Luís Aragunde criticou que o terminal de control de temperatura se instale no concello e non na praza de abastos. O popular pide ao bipartito que escoite as súas propostas e comecen a actuar para protexer á veciñanza.
As diferentes medidas que está tomando o concello de Cambados non son suficientes para a oposición. Dende o Partido Popular critican ao bipartito por non protexer á veciñanza coa súa falta de actuación. Luís Aragunde non entende a decisión do goberno local de situar o terminal de control de temperatura no concello e non na praza de abastos.
Outra das medidas que os populares consideran insuficientes é a do reparto das 30 mil máscaras de usos limitados. Aseguran que hai empresas en Cambados cualificadas para facer máscaras reutilizables.
Dende o partido popular tamén reclamaron ao concello que non lle cobre as taxas aos establecementos que están pechados nin ás familias máis vulnerables.
O líder da oposición tamén pediu ao concello que desinfecte os contedores da vila a través do servizo de limpezas que teñen contratado.
Luís Aragunde recalcou a súa lealdade ao goberno local e advirte que as súas críticas son construtivas. Lamenta que o concello non escoite as súas propostas nin queira realizar reunións telemáticas.