Os cadetes galegos destacan en Verducido

piraguismo250_010610.jpgPONTEVEDRA> Verducido volveu ser o foco de atención esta pasada fin de semana. No Centro Deportivo de Pontillón do Castro celebrouse a Copa de España de Xóvenes Promesas Cadetes, na distancia de 1.000 metros. Coma sempre os padexeiros do Salnés e do Barbanza tiveron unha actuación destacada.

A élite do piragüismo nacional dábase cita en Verducido na Copa de España de Xóvenes Promesas Cadetes. Como non podía ser doutro xeito os padexeiros galegos foron os máis destacados e, entre eles, os das comarcas do Salnés e do Barbanza. A

s probas disputáronse o sábado e o domingo e os participantes estiveron divididos en dous grupos por idades: o A e o B.

A primera victoria chegaría da man de Rubén Gómez e Álvaro Novo que se impuxeron no C-2. Os padexeiros de As Torres de Catoira superaron en liña de meta a David Amenedo e Brais Casas, do Náutico de Firrete.

No K-1, Tania Álvarez, do Breogán do Grove, quedouse ás portas do triunfo tras rematar segunda. Superoulle Begoña Lazkano, do Donostia Kayak.

No C-1, en categoría B, as dúas primeiras prazas foron copadas por Susana Casal, do Escola Cidade de Pontevedra e por Cristina Noya, do Unión Boiro-Rianxo, que levouse a prata. Entre os homes, Manuel García, do Breogán, foi terceiro.

Na xornada dominical entraron en liza os C-4 e os K-4. Precisamente no kayak o Club Piragüismo a Illa de Arousa foi segundo en categoría femenina por detrás de Náutico de Palma. Miriam Durán, Fátima Varela, Zaira Nine e Aurea María Piñeiro quedáronse ás portas da victoria. No C-4 masculino, As Torres foi cuarto e A Illa, quinto.

No que respecta á clasificación por clubes o gañador da xeral final foi Piragüismo Aranjuez. O Náutico Rodeira de Cangas, en segunda posición, foi o mellor entre os galegos. No ‘top ten’ estiveron dous conxuntos do Salnés: As Torres de Catoira, que foi quinto, e o Breogán do Grove que rematou en décimo lugar.

Redacción Salnés