![]()
CAMBADOS > A entidade asociativa Esperanza Salnés está a piques de presentar o calendario de fotografías…
…que xa está rematado, para xuntar fondos na procura do seu obxectivo: acadar unha mellor calidade de vida e unha integración plena dos nenos que sofren algún tipo de discapacidade. No calendario participaron coñecidos colectivos da zona, posando espidos e de modo altruísta
Esperanza Salnés é unha asociación de Cambados sen ánimo de lucro, formada por pais de nenos que padecen algún tipo de discapacidade física, intelectual, parálise cerebral ou afíns.
Ca finalidade de recadar fondos, o ano pasado tres amigos tiveron a idea de facer un calendario de espidos artísticos e foron contando con diversas personalidades de varios sectores, que se prestaron de modo altruísta para facer realidade o calendario.
Tan boa foi a aceptación que incluso houbo xente que quedou fora. Un total de cento dez persoas posando e case douscentos implicados no proxecto, acadaron o obxectivo.
O sábado haberá unha gala onde presentarán, por fin, o calendario “Tende unha man” A gala é o sábado próximo a partires das 20:00, a entrada será libre e poderanse ver unha curtametraxe, monólogos, bailes típicos e sortearanse dúas camisetas, unha do Celta de Vigo e outra do Deportivo da Coruña, asinadas polas plantillas.
Á gala asistirán caras coñecidas de tódolos sectores, os participantes no calendario, os patrocinadores e a Asociación Esperanza Salnés. Tende unha man contén fotografías artísticas, elegantes e de moi bo gusto.
Os participantes na iniciativa coinciden en que ademais de pasalo ben, é por unha boa causa e os que merquen o calendario, poden levar moitas sorpresas con caras coñecidas.
Durante a gala haberá puntos de venda para mercar o calendario a dez euros. Teñen unha tirada inicial de dous mil exemplares.
Redacción Salnés








