O comercio de Vilanova sorteará 8500 euros en rascas para gastar nos establecementos locais

VILANOVA> Vilanova lanza a campaña de nadal entre os comercios e locais de hostalería da vila. Polas compras nos negocios de proximidade, os clientes optarán a varios rascas con máis de x euros en premios. As tarxetas premiadas poderán trocarse no comercio ou na hostalería segundo indique o premio.

O concello de Vilanova xunto coa asociación Zona Centro de Vilanova lanzan unha nova campaña para incentivar as compras de nadal. De novo os rascas serán os protagonistas desta iniciativa. Os comercios que se sumen a esta campaña, estean ou non na asociación, regalarán aos clientes estas tarxetas.

O concello e os comercios porán a disposición dos clientes 8500 euros en premios, a través de 30 mil rascas.

A novidade deste ano é que participa tamén a hostalería. Os establecementos hostaleiros non repartirán rascas pero si serán os beneficiados dalgúns boletos premiados. Cada rasca determinará se o seu premio é para hostalería ou comercio.

O principal obxectivo do concello con esta campaña é impulsar o comercio local. Un comercio que o ano pasado tivo vendas récords ao atoparse a comarca con peches perimetrais.

A campaña estará en vigor dende o un de decembro ata o 15 de xaneiro do 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí